Portugués brasileiro
Portugués brasileiro, portugués ultramarino ou portugués do Brasil (abreviado como pt-BR) é o termo utilizado para clasificar a variante da lingua portuguesa falada polos máis de 213 millóns de brasileiros que viven dentro e fóra do Brasil. [1]A gran poboación brasileira, cando comparada coa dos demais países lusófonos, implica que o portugués brasileiro sexa a variante do portugués máis falada, lida e escrita do mundo, 14 veces máis que a variante do país de orixe, Portugal.
No decorrer da súa historia, o portugués brasileiro incorporou préstamos de termos indíxenas, como do tupi antigo, mais tamén de linguas africanas, sobre todo do quicongo, quimbundo e umbundo, do francés, do castelán, do italiano, do alemán, do inglés e do árabe.
Hai varias diferenzas entre o portugués europeo e o portugués brasileiro, especialmente no vocabulário, pronuncia e sintaxe, principalmente nas variedades vernáculas; nos textos formais as diferenzas tamén existen, mais son ben menores. Debido á forte influencia que o portugués brasileiro sufriu doutros idiomas, especialmente do tupí, a diferenza entre a linguaxe escrita e a falada tornouse ben maior da do portugués europeo. O estabelecemento do Acordo Ortográfico de 1990, xa en vigor no Brasil desde 1 de xaneiro de 2009, visou a unificación da grafía das dúas variantes da lingua portuguesa, creando unha ortografia común que garantiría unha grafía única para 98% das palabras.
Debido á importancia do Brasil no Mercosur e na UNASUL, esta variante é ensinada nos países da América do Sur e nos principais socios económicos do Brasil. Tamén hai falantes de portugués brasileiro como lingua materna nos países onde hai grandes comunidades brasileiras, particularmente nos Estados Unidos, Xapón e en diversos países da Europa, como Portugal, Alemaña, Reino Unido, Francia e España. De feito, é a variación da lingua portuguesa máis estudada no mundo. No Xapón, nos Estados Unidos, e, sobre todo, en América Latina, é ensinada a variante brasileira para estudantes estranxeiros da lingua portuguesa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brasil: People and Society. Consultado o 16 de xuño de 2022.